Logo Bio Misión

Biomisión é un proxecto de divulgación científica
sobre os Bancos de Sementes e
a súa viaxe ata as nosas mesas

Concurso

O 1º Concurso Biomisión celebrouse ata o 28 de Febreiro de 2023… pero no futuro haberá máis

Para este primeiro concurso pedimos a nenos e nenas menores de 18 anos que nos contasen historias sobre cultivos e cociñados a través de redes sociais (Instagram, Twitter ou TikTok). Aquí abaixo tedes máis información do que vos pediamos

 

Estade atentas porque para o ano repetiremos

Bio Misión Concurso Redes Sociáis

Pero en que consiste a historia?

Bio Misión Concurso adquiride verduras

1

Ide ao supermercado, á praza, a unha froitaría… 

tamén podedes collelos da vosa horta, da dos vosos avós, vamos, de calquera lugar onde haxa verduras. 

Buscade algúns dos cultivos cos que traballamos en Biomisión como millo, fabas, feixóns, xudías, chícharos, grelos, verzas, coles ou repolos e tratade de identificar de que variedade son. 

O nome das variedades aparece habitualmente nas etiquetas, e se non teñen etiqueta, nas caixas, aínda que tamén podedes preguntar á persoa que atenda. 

Se os colledes na horta, preguntádelle a quen os plantou se coñece a variedade, ou de onde vén a semente, se a comprou, déronlla ou xa a tiña doutros anos. 

Por último, levade para casa algún deses produtos.

Bio Misión Concurso A Cociñar

2

Xa na casa,
é hora de cociñar!

Podedes cociñar sós ou facelo cos vosos pais ou avós, o único que vos pedimos é que fagades un prato que inclúa algún dos produtos que compráchedes no súper, praza ou froitaría ou que colléchedes na horta.

E para participar no concurso só tedes que documentar o proceso tirando unhas fotos, gravando uns videos ou escribindo un texto… o que máis vos guste; tamén podedes combinar varios formatos e publicar varios posts, twits…

O importante é que utilicedes o hashtag #Biomision e que etiquetedes o noso usuario na rede correspondente (@BioMision en Twitter e @biomision en TikTok e @biomision.eu en Instagram). 

 

AS PERSOAS PREMIADAS NO 1º CONCURSO BIOMISIÓN FORON:

1º Erin e Kira coa súa historia da Pizza da Terra

2º Olivia coa súa historioa sobre os Grelos de Marrozos

3º Anxo coa súa historia sobre a Comida favorita dos superheróes: empanada de grelos con quiexo

3º A Asociación Xuntos Down Pontevedra coa súa historia sobre as Filloas de Entroido

3º Mariana coa súa historia sobre as Fabas Negras

 

Os PREMIOS foron
Un Premio de 200 €

Un Premio de 150 €

Tres Premios de 100 €

E ademais… 

CESTAS DE PRODUTOS ECOLÓXICOS
LOTES DE LIBROS DE DIVULGACIÓN
SEMENTES DO BANCO DA MBG-CSIC