Biomisión é un proxecto de divulgación científica
sobre os Bancos de Sementes e
a súa viaxe ata as nosas mesas
Concurso
O 1º Concurso Biomisión celebrouse ata o 28 de Febreiro de 2023… pero no futuro haberá máis
Estade atentas porque para o ano repetiremos

Pero en que consiste a historia?

1
Ide ao supermercado, á praza, a unha froitaría…
tamén podedes collelos da vosa horta, da dos vosos avós, vamos, de calquera lugar onde haxa verduras.
Buscade algúns dos cultivos cos que traballamos en Biomisión como millo, fabas, feixóns, xudías, chícharos, grelos, verzas, coles ou repolos e tratade de identificar de que variedade son.
O nome das variedades aparece habitualmente nas etiquetas, e se non teñen etiqueta, nas caixas, aínda que tamén podedes preguntar á persoa que atenda.
Se os colledes na horta, preguntádelle a quen os plantou se coñece a variedade, ou de onde vén a semente, se a comprou, déronlla ou xa a tiña doutros anos.
Por último, levade para casa algún deses produtos.

2
Xa na casa,
é hora de cociñar!
Podedes cociñar sós ou facelo cos vosos pais ou avós, o único que vos pedimos é que fagades un prato que inclúa algún dos produtos que compráchedes no súper, praza ou froitaría ou que colléchedes na horta.
E para participar no concurso só tedes que documentar o proceso tirando unhas fotos, gravando uns videos ou escribindo un texto… o que máis vos guste; tamén podedes combinar varios formatos e publicar varios posts, twits…
O importante é que utilicedes o hashtag #Biomision e que etiquetedes o noso usuario na rede correspondente (@BioMision en Twitter e @biomision en TikTok e @biomision.eu en Instagram).