congreso centífico
A difusión do coñecemento é fundamental para que a ciencia avance. Por iso, é esencial compartir os resultados das investigacións con outras persoas investigadoras.
Deste xeito, precísase que os novos coñecementos circulen entre o persoal investigador para poderen debater sobre eles, cuestionalos se fose o caso, e, unha vez que son aceptados pola comunidade investigadora, apoiarse neles
para seguir avanzando na xeración de novo coñecemento.
E para aprender sobre a transmisión e a difusión do coñecemento científico, que mellor forma de facelo que difundindo os resultados dos ensaios nun congreso científico?
Así que a última das actividades de Biomisión consistirá na celebración dun Congreso Científico en Outubro de 2025 en Pontevedra na que as persoas das entidades colaboradoras serán as investigadoras participantes.
