transferencia

A segunda das actividades de Biomisión tivo que ver cun elemento cada vez máis  importante no ámbito da  I+D+I: a Transferencia de coñecemento.

Esta actividade tivo por finalidade revelar como se artella un proceso de Transferencia de coñecemento no ámbito agroalimentario.

Mostrouse como a colaboración entre diversas entidades pode dar lugar a que determinados resultados de investigación cheguen a convertirse en produtos para o seu consumo alimentario.

Así, a colaboración entre persoas e entidades con diversas ideas, experiencias e procedencias, resulta esencial para que o coñecemento circule.

De feito, cando se consigue transferir coñecemento para crear ou xerar novos (ou cando menos diferentes) produtos, procesos ou formas de organización, e estes son utilizados producindo melloras na nosa sociedade, nese momento estamos a falar de Innovación.

Neste caso, os alumnos e alumnas do CIFP Carlos Oroza, dirxidos por Ricardo Fernández, realizaron unha serie de pratos, baseados en cultivos de brásicas, que foron degustados polas persoas participantes en Biomisión no Mercado de Abastos de Pontevedra.

As receitas destes pratos podedes descargalas aquí.

mercado transferencia biomision
co apoio de
organizado por