participa!
Queres participar en Biomisión?

Se a resposta é si, podes facelo tanto se es unha persoa particular como representante dunha entidade. O único que vas precisar é unha pequena horta (uns bancais tamén serven) para desenvolver o Ensaio de Investigación.

O que tes que facer é contactar con nós por calquera medio (bota un ollo aquí abaixo aos nosos datos) e nós enviáremosche un Kit de Ensaio.

Neste Kit vas dispoñer de sementes de variedades de brásicas, uns sementeiros e unha Guía onde che explicamos todo o que tes que facer (podes descargala aquí). Tamén vos facilitamos unhas Fichas para axudarvos na recollida de datos (descárgaas aquí).

E mans á obra!

Non te esquezas de contarnos como vai o teu Ensaio nas nosas redes etiquetando a @biomision, temos moita curiosidade por ver como van eses Ensaios.