transferencia
A segunda das actividades de Biomisión ten que ver cun elemento cada vez máis  importante no ámbito da  I+D+I: a Transferencia de coñecemento.

Esta actividade ten por finalidade revelar como se artella un proceso de Transferencia de coñecemento no ámbito agroalimentario.

A idea é mostrar como a colaboración entre diversas entidades pode dar lugar a que determinados resultados de investigación cheguen a convertirse en produtos para o seu consumo alimentario.

Así, a colaboración entre persoas e entidades con diversas ideas, experiencias e procedencias, resulta esencial para que o coñecemento circule.

De feito, cando se consigue transferir coñecemento para crear ou xerar novos (ou cando menos diferentes) produtos, procesos ou formas de organización, e estes son utilizados producindo melloras na nosa sociedade, nese momento estamos a falar de Innovación.