materiais para descargar
En Biomisión poñemos á túa disposición un conxunto de material para que o utilices como mellor che conveña.

Aquí poderás acceder a unidades didácticas, guías para desenvolver as actividades ou fichas de tarefas para realizar os ensaios.

Se tes dúbidas, queres máis información ou simplemente queres compartir as túas experiencias, contacta con nós en info@biomision.eu ou a través das nosas redes sociais.
guía didáctica: ciencia para cultivar o futuro
Nesta Guía terás cumprida información sobre as principais actividades do proxecto: 
  • Ensaios de investigación
  • Transferencia de coñecemento e innovación
  • Congreso científico Biomisión
De feito, se queres desenvolver un ensaio de investigación (solicitando un dos nosos Kits de Ensaio), podes descargar esta Guía e seguir os pasos para facelo de maneira totalmente autónoma. 

Lembra descargar tamén as Fichas de investigación que tes aquí abaixo para que a experiencia investigadora sexa máis completa e divertida.

Podes descargar a Guía premendo na imaxe ou aquí.
fichas de toma de datos
Estas Fichas de investigación son unha ferramenta estupenda para a toma de datos, un dos pasos esenciais en calquera ensaio de investigación.

Nelas tes unhas cantas ideas pero sempre podes incorporar todas aquelas outras que se che ocorran durante o teu ensaio. O importante é ir tomando nota de todo o que vaia acontecendo no ensaio.  

Podes descargar as Fichas de investigación premendo na imaxe ou aquí.
unidade didáctica: as sementes, o tesouro da biodiversidade
Especialmente dedicada ás docentes de ensino primario, esta Unidade preséntase como unha ferramenta para tratar temas cos que temos traballado en Biomisión:
  • Os Bancos de Sementes: que son e para que serven.
  • A Biodiversidade Xenética Vexetal: por que é importante recuperala e mantela. 
  • A Mellora Xenética: que é e como se fai.
  • Produción de cultivos máis respectuosa co medio ambiente.

Podes descargar a Unidade didáctica premendo na imaxe ou aquí.