benvida
Ola, benvido, benvida a Biomisión.
Antes de nada, moitas grazas polo teu interese neste proxecto sobre ciencia, sementes, cultivos e cociña.
Biomisión é un pequeno proxecto no que pretendemos que as persoas participantes teñan a oportunidade de descubrir, aprender e cooperar.
Con Biomisión queremos compartir parte dos coñecementos científicos xerados na Misión Biolóxica de Galicia, así como aqueles outros froito da experiencia e o traballo da horta ecolóxica El Calabacín Rojo, do Centro Integrado de Formación Profesional Carlos Oroza e do restaurante Culler de Pau.
Todas estas entidades (cos seus diversos ámbitos de traballo, traxectorias e inquietudes) conformamos unha pequena comunidade que atesora un valioso conxunto de saberes e coñecementos nos ámbitos científico, agrícola, formativo e culinario que queremos compartir a través de Biomisión.
Aquí podes navegar para coñecer todo o relacionado con Biomisión. E unha excelente forma de comezar é botando un ollo ás actividades.